De Obabakoak a Obaba: a adaptación caleidoscópica

Resumen

O obxecto deste artigo, no marco dos estudos filmoliterarios, é elaborar unha análise de Obaba (2005), a adaptación cinematográfica da novela de Bernardo Atxaga Obabakoak (1989) levada a cabo por Montxo Armendáriz. Préstase especial atención ao guión como ferramenta intermedia no proceso de transdución dun medio a outro, reivindicando o seu dobre papel como hipertexto do libro e hipotexto do filme. A obra de Atxaga presenta unha dificultade engadida ao tratarse dun ciclo de contos, o que leva a Armendáriz a procurar estratexias narrativas que tratan de emular algúns dos procedementos literarios, eliminando outros e engadindo novas perspectivas que afectan á focalización, o uso dos narradores e o elemento metanarrativo. De tal xeito, esta adaptación caleidoscópica e poliédrica constrúe un texto autónomo que dialoga co hipotexto literario nun universo común que comparten ambos creadores.

  • Referencias
  • Cómo citar
  • Del mismo autor
  • Métricas
De Obabakoak a Obaba: a adaptación caleidoscópica. (2018). 1616: Anuario de Literatura Comparada, 8, 167-194. https://revistas.usal.es/dos/index.php/1616_Anuario_Literatura_Comp/article/view/20729

Artículos similares

1-10 de 119

También puede Iniciar una búsqueda de similitud avanzada para este artículo.

+ −